O Plan de Actuación nas Fundacións
A aprobación recente do plan xeral de contabilidade adaptado (Real Decreto 1491/2011) é fundamental para a xestión económica das organizacións non lucrativas. Esta normativa ten especial repercusión nas fundacións de competencia estatal posto que define a estrutura do plan de actuación e da información a incluír na memoria económica anual respecto á súa execución. Para as fundacións de interese galego esta normativa, aínda que entendida como complementaria, establece uns patróns de traballo moi relevantes nestes aspectos da súa xestión.
Datos xerais
- Organiza: Algalia, Servizos para o Terceiro Sector
- Duración: 6 horas
- Datas: 24/10/2012 - 24/10/2012
- Prezo: 80€
- Importe subvencionable: 80€
- Límite de inscrición: 19/10/2012
- Destinatarios: Persoal técnico e directivo das fundacións
- Modalidade: Presencial
- Nivel: Medio
- Formato: Curso teórico
- Localidade: Santiago de Compostela
- Lugar: Hotel Husa Santiago Apostol, Cuesta de San Marcos 1 -Santiago de Compostela
- Horario: 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30
En caso de asistencia de máis duhna persoa por entidade se lle aplicará un 20% a partir da segunda inscrición. Os clientes de Algalia terán un desconto do 50% sobre o prezo establecido. Os descontos non son acumulables.
O alumno aprenderá
A estruturar o sistema de xestión económico e de actividades ou programas para poder facilitar a elaboración do plan de actuación e ofrecer información de execución do mesmo conforme á normativa técnica contable.
Programa
1. Os novos requisitos legais derivados do Real Decreto (1491/2011) relativos ao plan de actuación. Efectos fundamentais da súa aplicación.
- a) Aplicación directa en fundacións de competencia estatal.
- b) Aplicación subsidiaria en fundacións de interese galego. Efectos relacionados coa normativa galega: lei e decreto galegos.
2. A memoria e o plan de actuación.
- a) Aspectos clave na elaboración do plan de actuación.
- b) O cumprimento do plan de actuación, e xustificación do mesmo na memoria económica.
3. A definición de obxectivos e indicadores do plan de actuación.
- a) Definición de obxectivos. Criterios SMART.
- b) Definición de indicadores e tipoloxías. Presentación de modelos de xestión con indicadores para organizacións non lucrativas (novo conxunto de indicadores da AECA).
Metodoloxía
Presentacións con explicacións teóricas e algún exemplo práctico para facilitar a comprensión dos contidos
Docencia
Licenciado en Ciencias Empresariais (UVigo) e Postgrao en Dirección e xestión de entidades non lucrativas (URamón Llull), dispón de amplos coñecementos da Administración práctica das ONL, nos aspectos organizativos, contables, laborais e fiscais, con especial dedicación profesional á normativa contable, a súa aplicación práctica e á adaptación para ONL.
Dende Marzo de 2011 é membro da Comisión de entidades sen fins lucrativos da AECA (Asociación española de contabilidade e administración de empresas), comisión que integra participantes de o equipo de traballo que elaborou o Real Decreto da adaptación do plan xeral de contabilidade para ONL.
DAVID PEREIRO, consultor senior da área de desenvolvemento organizativo de Algalia S.Coop dende 2006.
Facilitou numerosos procesos de planificación estratéxica con entidades non lucrativas e responsabilizouse da elaboración e avaliación de proxectos para administracións públicas autonómicas e estatais.
É educador social, licenciado en filosofía e máster en consultoría e xestión de procesos de desenvolvemento organizacional.
Forma de pagamento
O pagamento realizarase a través de transferencia ou ingreso en conta bancaria:
- Titular: Xegalia Galega de Xestión S.L.
- CIF: B-36.924.587
- Entidade: Novagalicia Banco
- Nª de conta: 2080 0536 41 3040006633


