algalia@algalia.com - Tel.: 902 905 123

Laboral

Algalia ofrece uns servizos sociolaborais especializados nos convenios colectivos de aplicación habitual no sector non lucrativo como son discapacidade, educación e cooperación.

  • Xestión e asesoramento sociolaboral.
  • Informe situación sociolaboral da entidade. Altas entidades en Seguridade Social. Altas, baixas e variacións de datos dos traballadores. Elaboración de contratos, prórrogas e modificacións contractuais. Elaboración de nóminas e liquidacións. Elaboración e transmisión de seguros sociais. Elaboración  e transmisión do modelo 110 e 190. Estudos de custes previos. Xestión IT de traballadores. seguimento,  transmisión e comunicacións con organismos (mutuas, INSS, inspección). Xestión de prestacións de maternidade, risco de embarazo, paternidade e pago directo de incapacidade. Xestión laboral de centros concertados. Xestión entre empresas privadas ou mutuas de servizos de prevención. Dilixencia libro de visitas  e apertura de centros de traballo. Asistencia a inspeccións de traballo. Solicitude de certificados de débedas ante a Seguridade Social. Imputación analítica de custos. Tramitación de despedimentos até SMAC.

  • Xestión de subvencións de contratación.
  • Estudo de posibilidades de subvención e condicionantes. Elaboración de expedientes de solicitude de subvención e presentación ante organismo. Seguimento dos expedientes con atención a requerimentos. Recursos até esgotar vía administrativa. Apoio ao seguimento e cumprimento dos requisitos.

  • Xestión de centros especiais de emprego.
  • Solicitude de subvención custo salarial anual. Seguimento mensual da subvención mediante a elaboración de anexos e achega de documentación adicional. Cálculo da subvención a solicitar polo traballador. Elaboración da memoria anual e dos resumos de cadro de persoal.

  • Tramitación de prestacións.
  • Asesoramento e tramitación de xubilacións totais e parciais. Solicitude de información previa a xubilación. Capitalización prestacións desemprego (empresas economía social e traballadores autónomos). Asesoramento, presentación de solicitude (incluíndo a elaboración de memoria e achega de documentación) e seguimento dos expedientes até a súa resolución.

Os nosos clientes avalan a calidade e experiencia na prestación dos servizos, podes comprobalo na listaxe de clientes que confían en nós.

Rúa Faisán, Nº 7, Entlo A, 36205 Vigo, Pontevedra

Rúa República Arxentina, 40 Entr. 4, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña