Subvencións para a execución de proxectos de acción humanitaria
- Convocante: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
- Publicación: Diario Oficial de Galica (27/03/2012)
Objetivo
O obxecto destas bases é a regulación de concesión de subvencións ás organizacións non gobernamentais, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior.
Enténdese por proxectos de acción humanitaria, aqueles destinados a salvar vidas, aliviar o sufrimento e manter a dignidade humana durante e despois das crises –provocadas por seres humanos ou por desastres naturais–, así como previr e reforzar a capacidade de resposta para cando se produzan estas situacións.
Beneficiarios
Poderán optar a esta subvención as organizacións non gobernamentais que teñan entre os seus fins o desempeño de actuacións de acción humanitaria.
Tamén poderán ter acceso á subvención as agrupacións de entidades que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, con polo menos un ano de antelación ao de publicación da convocatoria.
- Que xustificasen, se é o caso, e antes da data de presentación da solicitude para esta convocatoria, as axudas recibidas para a anualidade 2009, por parte da Xunta de Galicia, a outros proxectos de axuda humanitaria, emerxencia ou cooperación ao desenvolvemento.
- Así mesmo, é necesario que se efectuase o correspondente ingreso, nos casos en que sobre os beneficiarios de axudas económicas se ditase resolución administrativa ou xudicial
- firme de reintegro.
- Ter sede, domicilio social ou delegación permanente na Comunidade Autónoma deGalicia.


