algalia@algalia.com - Tel.: 902 905 123

20 de Xulio de 2010 Atención, ábrese nunha nova ventá. ImprimirEnviar

Modificación do Imposto sobre Sociedades no que se adaptan as obrigas de documentación das operacións vinculadas.

Fonte: Algalia

Foi aprobado no Real Decreto 897/2010, do 9 de xullo,  a modificación do Regulamento do Imposto sobre Sociedades, que adapta as obrigas de documentación das operacións vinculadas.
As operacións vinculadas, comúns no sector non lucrativo, ven rebaixadas as súas obrigas de documentación, dado que esta nova normativa eleva o listón a un total anual de 250.000 euros en valor de mercado do conxunto de operacións realizadas con cada entidade vinculada (exceptuándose operacións con paraísos fiscais, con empresarios en réxime de módulos, transmisión de negocios ou valores de empresas non cotizadas, inmobles ou inmobilizados intanxibles) para declarar e documentar as devanditas operacións.
É importante recalcar que, aínda que as obrigas de documentación se suavizaron substancialmente, a obriga de valorar o importe das operacións en termos de mercado e tributar axeitadamente segue vixente dende o primeiro euro, polo que este tipo de operacións seguen sendo de vital relevancia para a correcta fiscalidade destas entidades
 

Rúa Faisán, Nº 7, Entlo A, 36205 Vigo, Pontevedra

Rúa República Arxentina, 40 Entr. 4, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña