Subvencións para proxectos para o fomento do uso do galego en escolas non universitarias
- Convocante: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
- Publicación: Diario Oficial de Galicia (25/01/2012)
Obxecto
Estas subvencións teñen por obxecto a presentación e a realización de proxectos de fomento do uso do galego nos centros privados de ensino de Galicia, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega e polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino de menos de tres unidades, durante o curso escolar 2011-2012, e o establecemento de axudas que apoien o seu financiamento.
Beneficiarios
Serán beneficiarios destas subvencións os centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario, calquera que fora a forma xurídica que adopten, que cumpra os requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
Documentos
Rúa Faisán, Nº 7, Entlo A, 36205 Vigo, Pontevedra
Rúa República Arxentina, 40 Entr. 4, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña
902 905 123
algalia@algalia.com








