Subvencións para proxectos de saúde pública no campo de VIH/Sida
- Convocante: Consellería de Sanidade
- Publicación: Diario Oficial de Galicia (19/01/2012)
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión de subvencións a proxectos de accións de saúde pública relacionados coa infección polo VIH e a sida.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades privadas sen ánimo de lucro que presenten un proxecto de accións de saúde pública relacionado co VIH e a sida que cumpran os seguintes requisitos:
- O proxecto deberá realizarse integramente na Comunidade Autónoma de Galicia.
- A entidade solicitante deberá dispor dun local propio onde desenvolver o proxecto e ter polo menos unha persoa contratada para desenvolver o proxecto.
- O proxecto preverá, obrigatoriamente, a promoción e a distribución de material preventivo (preservativos).
- O proxecto deberá ter como área xeográfica de actuación unha das sete áreas de saúde de Galicia.
- No caso de empregar materiais divulgativos no proxecto, será obrigatorio presentar un exemplar de mostra de cada material empregado xunto coa solicitude.
Rúa Faisán, Nº 7, Entlo A, 36205 Vigo, Pontevedra
Rúa República Arxentina, 40 Entr. 4, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña
902 905 123
algalia@algalia.com








