Algalia

Subvencións para o fomento da propiedade industrial

ImprimirEmail
  • Convocante: Consellería de Economía e Industria
  • Publicación: Diario Oficial de Galicia (26/04/2012)

Obxecto

O obxectivo das subvencións reguladas nestas bases é fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións. Trátase de impulsar a protección, non só das innovacións técnicas (invencións), senón tamén das innovacións de forma (deseños industriais) e de imaxe (signos distintivos).

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas subvencións, , as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que teñan o seu domicilio social ou algún centro produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os conceptos para os que solicitan a subvención teñan aplicación directa nestes centros produtivos.

Rúa Faisán, Nº 7, Entlo A, 36205 Vigo, Pontevedra

Rúa República Arxentina, 40 Entr. 4, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña

902 905 123