Subvencións para o desenvolvemento de programas para o fomento da inclusión social
- Convocante: Consellería de Traballo e Benestar
- Publicación: Diario Oficial de Galicia (23/01/2012)
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións para o ano 2012 ás entidades de iniciativa social, para a realización de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social.
Beneficiarios
Poderán ser solicitantes destas subvencións as entidades de iniciativa social, sempre e cando reúnan os seguintes requisitos:
- Estar inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
- Carecer de ánimo de lucro. Non obstará para a consideración de carencia de ánimo de lucro o feito de que as ditas entidades perciban contraprestación das persoas usuarias, sempre e cando da análise das súas contas anuais se deduza a non obtención de beneficio.
- Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na comunidade autónoma.
Rúa Faisán, Nº 7, Entlo A, 36205 Vigo, Pontevedra
Rúa República Arxentina, 40 Entr. 4, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña
902 905 123
algalia@algalia.com








