Algalia

Subvencións para a execución de proxectos de acción humanitaria

ImprimirEmail
  • Convocante: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
  • Publicación: Diario Oficial de Galica (27/03/2012)

Obxecto

O obxecto destas bases é a regulación de concesión de subvencións ás organizacións non gobernamentais, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior.

Enténdese por proxectos de acción humanitaria, aqueles destinados a salvar vidas, aliviar o sufrimento e manter a dignidade humana durante e despois das crises –provocadas por seres humanos ou por desastres naturais–, así como previr e reforzar a capacidade de resposta para cando se produzan estas situacións.

Beneficiarios

Poderán optar a esta subvención as organizacións non gobernamentais que teñan entre os seus fins o desempeño de actuacións de acción humanitaria.

Tamén poderán ter acceso á subvención as agrupacións de entidades que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, con polo menos un ano de antelación ao de publicación da convocatoria.
  • Que xustificasen, se é o caso, e antes da data de presentación da solicitude para esta convocatoria, as axudas recibidas para a anualidade 2009, por parte da Xunta de Galicia, a outros proxectos de axuda humanitaria, emerxencia ou cooperación ao desenvolvemento.
  • Así mesmo, é necesario que se efectuase o correspondente ingreso, nos casos en que sobre os beneficiarios de axudas económicas se ditase resolución administrativa ou xudicial
  • firme de reintegro.
  • Ter sede, domicilio social ou delegación permanente na Comunidade Autónoma deGalicia.

Rúa Faisán, Nº 7, Entlo A, 36205 Vigo, Pontevedra

Rúa República Arxentina, 40 Entr. 4, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña

902 905 123