Algalia

Plan Renove de Fiestras

ImprimirEmail
  • Convocante: Instituto Enerxético de Galicia
  • Publicación: Diario Oficial de Galicia (12/12/2011)

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios do sector terciario sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado, deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

Rúa Faisán, Nº 7, Entlo A, 36205 Vigo, Pontevedra

Rúa República Arxentina, 40 Entr. 4, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña

902 905 123