Algalia facilita o proceso de elaboración de documentos de posicionamento de AETAPI
Fonte: Algalia
Dende inicios do 2011, Algalia acompaña á Asociación Española de profesionais de Autismo (AETAPI) no seu propósito de ofrecer documentos de posicionamento sobre temas de interese para o colectivo das persoas con TEA. Elaboráronse dous documentos e outro está en preparación.
Algalia presta un servizo de coordinación de grupos de traballo que consiste na provisión dunha metodoloxía de traballo colaboradora para a elaboración dunha documentación de posicionamento de AETAPI sobre distintas temáticas. O traballo de Algalia facilita a dinamización dos traballos en liña e presenciais, a realización de labores de secretaría e integración de contribucións, e a redacción de borradores de documentos.
As dinámicas de traballo establecidas propician a máxima participación dos asociados e colaboradores de AETAPI, que residen en distintos territorios do estado. A maior parte do traballo realízase traballando en liña con tecnoloxías de traballo colaborador, e só necesitouse a realización dun encontro presencial.
O esforzo dos participantes deu como froito documentos de posicionamentos compartidos e consensuados que son breves, concisos e sinxelos. Conseguen ofrecer ao colectivo das persoas con TEA o posicionamento particular dos profesionais do autismo sobre asuntos que afecta a todo o colectivo. Ademais, no proceso de elaboración, propiciouse a reflexión compartida de profesionais do autismo dentro da AETAPI.
Os documentos elaborados ata o momento foron dous. Esta en proceso de elaboración o documento sobre Dereitos das persoas con TEA e as súas familias, coordinado tecnicamente por Agustín Illera e Félix Arregui.
Os coordinadores técnicos deste documento foron José Luís Cuesta e Ruth Vidriales, e contou coa contribución das seguintes persoas expertas: Agustín Illera, Félix Arregui, Isabel Galende, José Antonio Abajo, Juana Hernández, Luís Arenas, María Merino, Maribel Morueco e Rosa Álvarez.
Recomendacións a familias que buscan atención temperá para o seu fillo con trastorno do espectro do autismo. Publicarase en www.aetapi.org en breve.
Os coordinadores técnicos deste documento foron Javier Arnaiz e Carmen Márquez, o equipo redactor formáronos Curra Cañete, Javier Arnaiz e Salvador Repeto, e contou coa contribución das seguintes persoas expertas: Berta Salvadó, Isabel Pérez, Javier Tamarit, Juan Carlos Belda, Juana Hernández, Laura Escribano, Marcos Zamora, María Gortázar, María Llorente, Pedro Jiménez, Rosa Ventoso e Teresa Sanz.
David Pereiro
Socio consultor de Algalia
Rúa Faisán, Nº 7, Entlo A, 36205 Vigo, Pontevedra
Rúa República Arxentina, 40 Entr. 4, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña
902 905 123
algalia@algalia.com








