Algalia

07 de Maio de 2012 Atención, ábrese nunha nova ventá. ImprimirEnviar

Algalia asiste á presentación oficial da Plataforma do 3S en Madrid

Fonte: Algalia

Algalia participou o 16 de abril no acto en que se fixo a presentación oficial en Madrid da Plataforma do Terceiro Sector e ao que asistiu a ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato.

Algalia foi invitada ao acto público da Plataforma do Terceiro Sector, unha organización de entidades sociais que se constituíu o 10 de xaneiro de 2012, e que integra máis de 30.000 organizacións non lucrativas (entre elas a Plataforma de ONG de Acción Social, a Rede Europea de Loita contra a Pobreza, CERMI, Cáritas, Cruz Vermella, ONCE e a Plataforma do Voluntariado de España).

A Plataforma do Terceiro Sector representa nove millóns de persoas que se benefician do seu labor, e ten como prioridade a promoción da articulación do Terceiro Sector en todo o territorio, e o fomento da cooperación coas plataformas xa existentes nalgúns ámbitos territoriais.

Algalia realizou en 2011, en colaboración coa Fundación EDE, a avaliación do I Plan estratéxico do terceiro sector de acción social, polo que foi testemuña directa do proceso de converxencia do sector que cristalizou na constitución da plataforma. Para ampliar a noticia:

David Pereiro
Socio consultor de Algalia

Rúa Faisán, Nº 7, Entlo A, 36205 Vigo, Pontevedra

Rúa República Arxentina, 40 Entr. 4, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña

902 905 123