Algalia

30 de Marzo de 2012 Atención, ábrese nunha nova ventá. ImprimirEnviar

Cobro de facturas pendentes de abono por parte de concellos

Fonte: Algalia

Foi publicado no BOE o pasado 25 de febreiro de 2012 o Real Decreto Lei 4/2012, de 24 de febreiro, polo que se determinan obrigas de información e procedementos necesarios para establecer un mecanismo de financiamento para o pago de provedores das entidades locais.

Esta importante medida afectará a aqueles provedores de concellos, ou entidades pertencentes a estes na súa totalidade, que tendo débedas pendentes de cobro que cumpran unha serie de características, posto que poderán cobrar con certa axilidade ditos créditos xa que a entidade pública accederá a un financiamento específico para pagar aos mesmos.

As características das débedas para acollerse a este plan de financiamento son:

  1. Terán que ser vencidas, líquidas e esixibles.
  2. Que a recepción, no rexistro administrativo da entidade local, da correspondente factura, factura rectificativa no seu caso, ou solicitude de pago equivalente teña ocorrido antes do 1 de xaneiro de 2012.
  3. Que se trate de contratos de obras, servizos o subministros incluídos no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro.

As entidades públicas afectadas por esta medida tiveron ata o 15 de marzo de 2012 para entregar un listado dos provedores e débedas que cumprían os requisitos anteriores xunto cun plan de axuste de gasto público obrigatorio.

A norma permite que os provedores consulten nos concellos as débedas declaradas e que soliciten que se actualice información se esta non fose correcta para o que é importante xustificar a realidade das débedas e que cumpren as características. Neste sentido nos parece importante recalcar a relevancia que pasa a ter o dispoñer de documentos de entrada en rexistro público das facturacións como xeito de garantir a legalidade.

A norma cita como criterios para ordenar os pagos tanto a antigüidade das débedas como a posibilidade de redución voluntaria das mesmas ou que as débedas teñan sido instadas ante os Tribunais de Xustiza antes do 1 de xaneiro de 2012.

Jorge Rodríguez
Socio responsable do área Económica Financeira de Algalia

Rúa Faisán, Nº 7, Entlo A, 36205 Vigo, Pontevedra

Rúa República Arxentina, 40 Entr. 4, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña

902 905 123