Xestión da Tesouraría nunha ONL
Fonte: Algalia
A situación actual da economía e os seus efectos no sector non lucrativo aconsellan centrar esforzos de xestión de calquera non lucrativa no control da súa tesouraría –niveis de efectivo e control de contas a cobrar e a pagar-.
Cada día almorzamos con novas noticias nas que se informa das dificultades que atravesan as administracións e familias para dispoñer de efectivo e poder pagar os seus gastos. Esta situación trasládase e afecta de modo directo ás ONLs que se financian, en moitos casos, principalmente por medio destas entidades públicas e as familias.
En todo caso, a evidencia dun certo estrangulamento na capacidade de dispoñer de líquido dos nosos “clientes” non debe facernos caer nun pesimismo constante senón máis ben débenos estimular para implementar medidas de control da tesouraría da nosa organización.
Citaremos, a continuación, algunhas medidas de control da tesouraría:
- Elaboración dun Orzamento de Tesouraría.
- Xestión constante de saldos bancarios.
- Centralizar as políticas de cobro e pago.
- Análise Banco-ONL.
1. Elaboración dun Orzamento de Tesouraría
Como se pode anticipar, un orzamento de tesouraría é unha previsión económica dos cobros e pagos futuros da ONL organizados no tempo –mensual, quincenal ou semanalmente-. Este orzamento debe ser dinámico, actualizado constantemente, e estar baseado na aplicación contable. Con el poderemos establecer hipótese de cobro e pago para poder anticipar medidas correctoras ou establecer prazos de negociación bancaria –cando se está en plena situación de déficit de liquidez a marxe de negociación é nulo, mentres que si temos algún prazo previo pódese traballar mellor-.
2. Xestión diaria dos saldos bancarios
Cando a tesouraría redúcese, as ONLs poden estar tendo problemas de pago por dispoñer de fondos en varias contas bancarias. Poderían estar pasando recibos en contas sen saldo suficiente cando noutras pode habelo. Manter un orzamento de tesouraría actualizado e con mecanismos áxiles de traspaso entre contas permite reducir o custo financeiro de entrar en números vermellos de xeito notable. Nin que dicir ten que a xestión bancaria máis áxil é a que se basea en internet.
3. Centralizar as políticas de cobro e pago.
Cando a tesouraría aperta, os pagos deben estar centralizados en poucas persoas responsables da ONL, son eles os únicos que deben tomar decisións respecto diso. Deberanse establecer políticas de pago baseadas nos calendarios de cobro e asumibles polos acredores. É fundamental saber como afectan as decisións de investimento na tesouraría.
4. Balance Banco-ONL.
O balance Banco-ONL é un estudo económico que trata de establecer canto están gañando os bancos co movemento económico da ONL. É importante estudar este dato posto que, aínda que a situación de crise parece poñernos en posicións de debilidade na negociación cos nosos bancos, debemos saber canto están gañando co noso movemento económico -cobros e pagos- e financeiro –préstamos, pólizas-. Esta información podería axudarnos a equilibrar algo a balanza nestes tempos en que é necesario dispoñer de financiamento. Tamén nos poderá influirá a realidade de apoio institucional bancario ao sector –fundaciones bancarias, obras sociais, etc.-.
Jorge Rodríguez
Socio responsable do área Económica de Algalia
Rúa Faisán, Nº 7, Entlo A, 36205 Vigo, Pontevedra
Rúa República Arxentina, 40 Entr. 4, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña
902 905 123
algalia@algalia.com








