Inclusión no Réxime Xeral da seguridade social de persoas que participen en programas de formación
Fonte: Algalia
O 27 de outubro de 2011 publicouse o Real Decreto 1493/2011, do 24 de outubro, que establece as condicións de inclusión no Réxime Xeral da seguridade Social de persoas que participen en programas de formación. As notas máis características deste, así como as obrigas principais son as seguinte:
As empresas, as fundacións, as administracións e todos aqueles organismos que empreguen bolseiros en prácticas profesionais a cambio dun soldo teñen a obriga de cotizar por eles.
Os programas formativos que regula o RD son aqueles vinculados a estudos universitarios ou de formación profesional financiados por entidades ou organismos públicos ou privados, que non sexan só lectivos senón que inclúan prácticas formativas e que leven aparellada unha contraprestación económica.
A base de cotización será a correspondente ao 75% da base mínima do grupo de cotización do bolseiro e dá dereito ao bolseiro á mesma protección que os asalariados no réxime xeral (pensión, baixas por enfermidade común, accidentes, maternidade....) agás á protección por desemprego.
A cota mensual a pagar levarase a cabo aplicando as regras de cotización establecidas para os contratos para a formación e aprendizaxe no referente a continxencias comúns e profesionais. Non se cotiza por desemprego nin polo Fondo de Garantía Salarial nin á formación profesional.
Non obstante os bolseiros non constarán como afiliados ao réxime xeral, senón como asimilados
Os empregadores ten que dar de alta os bolseiros dende o 01 de novembro, aínda que se terá ata febreiro de 2012 para pagar as cotas correspondentes a novembro e decembro de 2011 sen recarga ningunha, xa que ata esa data non estará operativo o sistema de pagamento na seguridade social.
As altas haberá que facelas nun código de conta específico que haberá que solicitar na Tesouraría Xeral da Seguridade social. A devandita obriga é dende o 01 de novembro, aínda que hai un prazo para facer efectivas as devanditas altas de ata o 30 de novembro.
Tamén existe a posibilidade dende o día 01 de novembro, para os que fosen bolseiros ata o 31 de outubro de 2011, poidan rescatar ata dous anos de cotización, que se terá en conta para os dereitos dunha futura pensión. Neste caso terán que subscribir un convenio especial coa seguridade social e serán eles mesmos os encargados de pagar as cotas correspondentes á seguridade social
Rafael Carrasco
Socio responsable do área Laboral de Algalia
Rúa Faisán, Nº 7, Entlo A, 36205 Vigo, Pontevedra
Rúa República Arxentina, 40 Entr. 4, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña
902 905 123
algalia@algalia.com








